7.7 C
Lugo
Jue, 4 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

II Xornadas Arte e Deseño en Lugo

23 de octubre

O xoves 23 de outubro terá lugar a II Xornada USC-EASDRF, no marco do convenio de colaboración entre a @facultade_humanidades da USC e a Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón.

O evento da continuidade ás xornadas que levan por título 𝐀𝐫𝐭𝐞 𝐞 𝐃𝐞𝐬𝐞𝐧̃𝐨 𝐞𝐧 𝐋𝐮𝐠𝐨. 𝐃𝐨𝐬 𝐩𝐫𝐨𝐜𝐞𝐬𝐨𝐬 𝐜𝐫𝐞𝐚𝐭𝐢𝐯𝐨𝐬 𝐚́ 𝐱𝐞𝐬𝐭𝐢𝐨́𝐧 𝐜𝐮𝐥𝐭𝐮𝐫𝐚𝐥, e que iniciaran no curso pasado.

A xornada é de balde, previa inscrición a través do seguinte formulario https://goo.su/SsAac

A intención desta actividade é amosar o traballo que se está a realizar nas dúas institucións arredor da xestión cultural e as disciplinas artísticas e servir de plataforma para a difusión e visibilización do traballo do estudantado.

Na sesión da mañá, que terá lugar na Escola de Arte e Superior de Deseño Ramón Falcón, contarase coas conferencias de Inma Hortas, egresada da EASDRF, deseñadora gráfica e ilustradora; e de Ariadna Silva, fotógrafa e egresada do Mestrado en Servizos Culturais da USC.

Así mesmo, a profesora da EASDRF, Marta Cancio, realizará unha presentación performativa titulada ‘Cadernos de creación: o que Mariñán nos ensina’, na que presentará o resumo do traballo realizado nos últimos Encontros en Mariñán, residencia artística na que participa o alumnado da EASDRF desde hai seis anos.

Na edición do curso pasado, o proxecto ‘Laboratorio de Terra’ da EASDRF rendeu homenaxe a Isaac Díaz Pardo eao 75 aniversario do pasamento de Castelao, tomando a terra como materia creativa e lugar simbólico.

Pola tarde as conferencias trasládanse ao Salón de Graos da Facultade de Humanidades, onde se desenvolverá o relatorio de Carlos Callón, profesor da USC.

Un dos puntos de interese da xornada será a presentación de traballos realizados polo estudantado, que terá lugar en horario de mañá e tarde.

Os proxectos que se amosan nesta segunda edición son o Traballo de Fin de Mestrado (TFM) de María Gil, estudante do mestrado en Servizos Culturais da USC, que presenta A estilización da danza tradicional como reflexo da identidade cultural: Ballet Galego Rey de Viana e o Traballo de Fin de Grao (TFG) de Carme Giráldez, estudante do grao en Xestión Cultural da USC, que presenta 60 anos das Xornadas de Folclore Galego. Un paseo sonoro.

Por parte da EASDRF preséntanse o Proxecto Integrado do ciclo de Gravado e o TFG de Deseño Gráfico das estudantes Dolores Cela e Esther López titulados Vidas ameazadas e TRADI.

Detalles