16.1 C
Lugo
Dom, 19 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

II Xornadas de divulgación na Hedreira – Segunda sesión

27 de octubre - 19:00

II Xornadas de divulgación na Hedreira – Segunda sesión

Luns 27, 19:00 h

Exposición de investigacións tipo TFG, TFM, PFC, tese ou non académicas nun ambiente amigable. Para compartir traballos interesantes, que saian da academia e non queden esquecidos nun caixón.

«Quedamos tan satisfeitas coa primeira edición que imos repetir! Queremos aprender de ti, e seguro que non somos as únicas. É unha sensación compartida por moitas que é unha mágoa que investigacións interesantes, do ámbito académico ou non, rematen ignoradas nun caixón. Se ti tamén botas en falta ocasións para achegar o que sabes á sociedade, esta é a túa oportunidade.

Concretaremos o horario e títulos das exposicións nas nosas redes sociais (Instagram, Facebook, Telegram, Bluesky) en función das propostas recibidas.»

Envíanos a túa proposta!

Se estás desexando presentar o teu TFG, TFM, tese, PFC ou investigación doutro tipo, envía canto antes a csahedreira@riseup.net un resumo do traballo, requisitos materiais e a túa dispoñibilidade. Temos ordenador e proxector. Priorizaremos aqueles traballos que aborden temáticas con impacto social

https://www.facebook.com/hedreira

Detalles

Fecha:
27 de octubre
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

A Hedreira
Rua Catasol, 17
Lugo, 27002
+ Google Map