A Facultade de Formación do Profesorado acolle o 16 de outubro as II Xornadas UniTIC ‘As TIC na Universidade: adicións sen substancia e consumos de substancias psicoactivas en estudantado do Campus de Lugo’ a partir dos resultados do segundo estudo epidemiolóxico que se elaborou sobre esta materia no campus lugués.
O encontro ten como obxectivo reflexionar sobre o impacto das Tecnoloxías da Información e a Comunicación (TIC) na vida académica do estudantado universitario.
A través de conferencias, mesas redondas e obradoiros, abordaranse temas como o equilibrio entre o uso educativo e o abuso das tecnoloxías, o desenvolvemento de competencias dixitais/mediáticas e o impacto no rendemento académico.
Este espazo busca fomentar o debate e ofrecer ferramentas para un uso responsable e consciente das TIC no ámbito universitario.
Trátase dunha una actividade completamente gratuíta e as persoas asistentes recibirán un certificado de asistencia e participación de 10 horas.
De 09.45h a 19.30h + información en https://grupomestura.net/unitic/
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte