6.1 C
Lugo
Vie, 24 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da exposición «A Merenda»

24 de octubre - 20:00

Inauguración da exposición «A Merenda»

O colectivo de artistas La Mosca presenta o vindeiro venres 24 ás 20h en Solaina a exposición A Merenda, unha mostra que reúne unha selección de proxectos nados do traballo colectivo, a experimentación e a práctica compartida, onde o proceso e o diálogo se converten no verdadeiro centro da creación.

En A Merenda, La Mosca propón unha pausa para compartir. Un espazo onde o erro se entende como ferramenta de busca e aprendizaxe, e onde a autoría se dilúe entre conversas, decisións mesturadas e intuicións colectivas. O importante non é o resultado
final, senón o que acontece no facer, na conversa e no xogo.

Os proxectos que se amosan son o reflexo desta metodoloxía común, baseada na
confianza e na exploración. Pezas nas que o proceso é visible e o imprevisto convértese
en materia creativa. E, como corresponde a toda boa merenda, haberá leite con galletas,
convidando ao público a participar dun ambiente próximo, cálido e divertido.

En La Mosca, os fanzines son unha das principais ferramentas de traballo: exercicios
creativos individuais, colectivos ou colaborativos que permiten investigar e mobilizar
novos imaxinarios e dinámicas de creación. De maneira autoxestionada, o colectivo
publica pequenas edicións que lles permiten seguir experimentando coa imaxe mentres
se crean xogos, conversas e preguntas arredor do propio proceso artístico.

A Merenda é, en definitiva, unha invitación a compartir tempo, ideas e galletas, a mirar a
creación como unha experiencia aberta onde o erro e o xogo son parte esencial da
aprendizaxe e da beleza.

Detalles

Fecha:
24 de octubre
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Galería Solaina
Rúa do Caminho Real 88, Baixo
Lugo, Lugo
+ Google Map
Ver la web del Local