Inauguración da exposición “Castelao. O retorno a Galicia, 1984. Xan Carballa, fotografías”
Evento compartido na web da Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo
Sábado 8 de febreiro, ás 17:00h no Museo Provincial de Lugo
A mostra, que itinera desde o Museo de Pontevedra, institución prestadora das obras, está artellada a partir de 52 fotografías: unha da autoría de Manuel Veiga e 51 realizadas por Xan Carballa o 28 de xuño de 1984, durante os actos desenvolvidos en Santiago de Compostela con motivo do retorno a Galicia dos restos de Alfonso Daniel Rodríguez Castelao.
Comisariada por Xosé Enrique Acuña.
Poderá visitarse na sala de exposicións do MPL ata o 30 de marzo.
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte