14.7 C
Lugo
Vie, 30 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Inauguración da exposición de fotoxornalismo «Gaza: o eco dos esquecidos»

20 de mayo - 19:00

Inauguración da exposición de fotoxornalismo «Gaza: o eco dos esquecidos»

Martes, 20 de maio – 19:00 horas – Pazo Provincial de San Marcos da Deputación de Lugo

ORGANIZAN: Fundación Araguaney-Puente de Culturas e Deputación de Lugo

A mostra permitirá ao visitante sentir de primeira man a realidade de Gaza a través da mirada de tres reporteiros gráficos gazatís –Mohammed Zaanoun, Ahmed Zakot e Abood Abu Salama–, que viven este horror desde dentro, aportando a mirada cruel e salvaxe dos actos acometidos polo exército israelí en terras palestinas ante a pasividade da comunidade internacional.

Tamén a exposición amosa aos “esquecidos”, ás vítimas que se viron involucradas no conflito, pero que non aparecen nas noticias a pesar de ser relevantes.

A exposición estrutúrase seguindo os diferentes aspectos que mostran a complexidade do
xenocidio desde as perspectivas descritas polos tres fotoxornalistas palestinos e desde
distintas ópticas: histórica, atemporal, xornalística, fotográfica, informativa e audiovisual, o
que permitirá ao visitante obter unha “visión integral, poliédrica e multidisciplinar” do
conflito.

O público poderá contemplar 26 fotografías, o documental «Hospital Al Shifa: os crimes soterrados», cedido pola televisión Al Jazeera, vídeo-testemuños dos reporteiros gráficos e
unha creación artística na Sala de Exposicións da sede provincial ata o 17 de xuño, en horario de 10:00 a 14:00 horas e de 16:00 a 20:30 horas.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
20 de mayo
Hora:
19:00
Categoría del Evento:

Local

Pazo de San Marcos – Deputación de Lugo
Rúa San Marcos, 8
lugo, Lugo 27001
+ Google Map
Teléfono
982 26 00 00
Ver la web del Local