A Biblioteca Intercentros do Campus de Lugo acolle desde o 16 de outubro a mostra ‘O patrimonio vivo’, organizada pola Asociación Cultural e Pedagóxica ‘Ponte… nas ondas’ en colaboración coa Universidade de Santiago de Compostela e o Concello de Lugo.
A UNESCO proclamou o pasado ano 2024 o día 17 de outubro como o Día Internacional do Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI), xuntando así unha nova data á do 16 de novembro, Día Internacional do Patrimonio.
A inauguración será o mesmo día 16 ás 12.00 horas, nun acto que preside o vicerreitor de Organización Académica e do Campus de Lugo, Francisco Fraga.
A exposición, que xa estivo no Colexio de Fonseca do campus de Santiago no ano 2024, reúne fotografías sobre os bens de Patrimonio Cultural Inmaterial (PCI) inscritos na UNESCO de España, entre os que se encontra o ‘modelo PNO!’ inscrito no Rexistro das boas prácticas co PCI.
A mostra pode verse ata o 2 de novembro de 2025, en horario de 9.00 a 21.00 horas, de luns a venres, e de 10.00 a 19.30 horas, os sábados e domingos, e tamén está aberta ás visitas escolares para as que se deseñou unha ficha didáctica para o alumnado.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte