Inauguración da exposición «Sempre en Galiza (1934-1944)»
Xoves 16 de xaneiro, ás 19:00h no Museo Provincial de Lugo
Forma parte do programa conmemorativo “75 cabodano de Castelao (1950-2025)” do Museo Provincial de Lugo e poderá visitarse ata o 30 de marzo.
“Sempre en Galiza” é unha homenaxe á obra e ao pensamento de Castelao, cuxo legado continúa a ser unha inspiración para as xeracións actuais.
A mostra reúne unha selección única de documentos, obras artísticas e materiais relacionados coa súa traxectoria como escritor, artista e político, destacando a súa defensa da lingua e da identidade galega.
A exposición é organizada pola Deputación de Lugo, a Rede Museística Provincial de Lugo, a Fundación Castelao e a Cátedra Castelao da USC, no marco do programa conmemorativo do Ano Castelao 2025.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte