Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
O vindeiro venres 17 de Xaneiro ás 19:00 h na Galería Solaina de Lugo
De Jaime Remírez de Ganuza (Pamplona, 1998)
A mostra condensa nunha polifonía de obras audiovisuais e fotográficas os extractos seleccionados da conversación cun territorio concreto, San Pedro Manrique, pobo da serra soriana.
Mediante a experimentación con formatos e tempos, fotográficos e videartísticos, preséntanse unhas pezas que materializan as voces e sentires recolleitos tras dialogar cun territorio percibido algunhas veces como individuo e outras como colectivo, sempre sintiente, e atravesándoo polos propios afectos e vinculacións do artista co espazo.
O nome da exposición é tomado das crípticas inscricións talladas sobre unha pedra situada na fachada da casa familiar, datada de 1676, que testemuña a subsistencia das voces do territorio a través do tempo, perpetrando as súas mensaxes mediante o folclore, a contorna e os seus habitantes, elenco que é tan autor das obras expostas como o artista que asina.
A exposición estará dispoñible dende o 17 de xaneiro ata o 1 de marzo de 2025.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte