15.5 C
Lugo
Mar, 9 Sep 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Inauguración da mostra «Procesos II»

13 de septiembre - 12:00
Inauguración da mostra «Procesos II»

Sábado 13 de Setembro ás 12h na galería Solaina de Lugo

Comisariada polo colectivo Refugallo e con obra das artistas Alba Pino, Isis Huerga, Lara Brañas, Laura Karnero, Mónica Lago e Paloma Musso.

Disciplina: Pintura, escultura, instalación, banda deseñada, performance ou arquivo
fotográfico

Poderá visitarse ata o vindeiro 18 de outubro.

«En Procesos II queremos achegar ao público os Traballos de Fin de Grao de seis
compañeiras da Facultade de Belas Artes de Pontevedra.

Nesta mostra pretendemos dar visibilidade non só ao resultado final, senón tamén aos bocetos, ás ideas iniciais e ao proceso de desenvolvemento das obras.

Durante a realización destas pezas, as artistas traballaron nos talleres da Facultade,
espazos que funcionan como os primeiros estudos nos que comezar a construír unha
práctica artística propia.

Procesos II procura, así, poñer en valor os procesos formativos e creativos de artistas emerxentes nun momento clave: a transición entre o ámbito académico e o profesional.

O obxectivo principal é reflexionar sobre as distintas fases da creación artística e a
construción dun proxecto, recoñecendo o valor do ensaio, da proba, do erro e da
experimentación como partes fundamentais do camiño creativo.

Esta mostra é tamén unha oportunidade para destacar a importancia dos espazos
compartidos, onde, malia a diversidade de intereses de cada artista, se xeran dinámicas
de convivencia e intercambio que enriquecen o traballo colectivo.

Refugallo

Refugallo é unha Agrupación Artística creada en Pontevedra (Galiza) no 2020 e formado
por alumnas da Facultade de Belas Artes de Pontevedra, centrado no comisariado de
exposicións e na promoción de artistas emerxentes galegas.

Dende 2020, desenvolven proxectos de arte colaborativa, murais colectivos, edición de fanzines e participacións en feiras e residencias a nivel estatal.

Detalles

Fecha:
13 de septiembre
Hora:
12:00
Categoría del Evento:

Local

Galería Solaina
Rúa do Caminho Real 88, Baixo
Lugo, Lugo
+ Google Map
Ver la web del Local