Cargando Eventos

« Todos los Eventos

“Las historias detrás de las canciones” con Jorge Explosion

7 de marzo - 13:00
“Las historias detrás de las canciones”

Sábado 07 de marzo de 2026 – 13:00 horas – Facela Bar

Jorge Muñoz Cobo, Jorge Explosion, presenta un espectáculo en solitario íntimo e persoal no que percorre a súa traxectoria vital e musical a través de cancións e relatos reais.

Un formato próximo e pouco habitual onde conviven temas novos —algúns adiantando o vindeiro disco de Doctor Explosion— con cancións antigas e outras case nunca interpretadas en directo.

O espectáculo constrúese como unha viaxe contada en primeira persoa.

Cada canción dá paso a lembranzas e episodios vividos que se encadean sen artificios.

O ton combina relato, humor e ironía, pero afástase do concepto clásico de club da comedia: non hai monólogos ensaiados nin distancia, senón historias reais contadas de forma espontánea, tal e como foron. O humor aparece de maneira natural, como parte do propio relato.

“Las historias detrás de las canciones” non é un concerto ao uso, senón un espectáculo diferente onde música e palabra se mesturan para contar un percorrido persoal directo e sen imposturas.

Logo a festa continua con pinchada a cargo do propio Jorge que o acompañarán Magic Pat e Jimmy Jimmy!

ENTRADAS

Detalles

  • Fecha: 7 de marzo
  • Hora:
    13:00
  • Categoría del Evento:

Local