13.8 C
Lugo
Lun, 13 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Lectura pública dos nomes de nenas e nenos vítimas do xenocidio en Gaza

14 de octubre - 19:00

Lectura pública dos nomes de nenas e nenos vítimas do xenocidio en Gaza

«A poboación civil da Franxa de Gaza ocupada está a sufrir as consecuencias devastadoras dun xenocidio perpetrado por Israel. Decenas de miles de persoas foron asasinadas, das cales unha boa parte son nenas e nenos. 

O vindeiro martes 14 de outubro a partir das 19:00 h. no quiosco da música da Praza Maior de Lugo terá lugar un acto organizado por Amnistía Internacional para lembrar aos milleiros de nenas e nenos asasinados en Gaza. 

O noso propósito é realizar unha lectura pública dos seus nomes. Cada persoa participante lerá cinco nomes.

A listaxe das vítimas infantís, que en agosto de 2025 superaba as 18.000 nenas e nenos, foi publicada polo Washington Post e a fonte é o Ministerio de Sanidade de Gaza.

Segundo declaracións da directora executiva de UNICEF  do 8 de outubro de 2025, “64.000 nenas e nenos foron asasinados ou mutilados en toda a Franxa de Gaza, incluídos polo menos 1.000 bebés. Non sabemos cantos máis morreron debido a enfermidades prevenibles ou están enterrados baixo os entullos”.

Non podemos esquecer as vidas arrebatadas a tantas nenas e nenos.

Queremos sumar o maior número de voces da sociedade luguesa para  lembrar ás vítimas e esixir ao goberno de Israel que poña fin ao xenocidio.» Amnistía Internacional Lugo

Detalles

Fecha:
14 de octubre
Hora:
19:00
Categoría del Evento: