- Este evento ha pasado.
Lugo Máxico – Mutis e a Maxia con Mag Edgard

Lugo Máxico – Mutis e a Maxia con Mag Edgard
Venres, 23 de maio de 2025 20:30 hs.
Auditorio Fuxan os Ventos. Sala Grande.
Idade recomendada: Para todos os públicos
Sinopse:
O Mag Edgard chega cun espectáculo sorprendente onde o teatro e a maxia se mesturan nunha simbiose única.
En «Mutis e a Maxia», cada número está impregnado dunha teatralidade que sorprende e emociona ao público, onde ilusións espectaculares, xogos de participación e efectos especiais farán deste espectáculo unha experiencia máxica inesquecible.
ENTRADAS: 5 €
Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo





























