Lugopoética 2025 con Mar Ferreiro Rozas, Lucía López Cancio e Gustavo Díaz Rey
9 de Outubro de 2025 – 18:30 horas
Actividade gratuíta
Salón de Actos da UNED Lugo ou online (+ info)
Mar Ferreiro Rozas
Nada na cidade de Lugo o día de Nadal de1973, e oriunda de San Adriano (Lourenzá). Xurista de profesión, cunha larga traxectoria como Xuíza e Avogada. No 2023, publicou o seu primeiro libro de poesía, en castelán, que leva por título “Llegarás (entretanto es tiempo de vivir y/o malvivir)”,
Lucía López Cancio
Graduada en educación social e no máster de profesorado pola Uned, especialidade de Intervención Sociocomunitaria, exerceu como profesora de F.P. e educadora social. Actualmente, estudaTraballo Social na Uned, á vez que exerce como educadora, manténdose en contacto coas persoas (nenos, adolescentes, 3ª idade…) das que aprende e se sinte inspirada para crear poemas a través dunha ollada máis fonda da realidade.
Gustavo Enrique Díaz Rey
Graduado en Dereito pola UNED, actualmente está finalizando o Máster de Acceso á Avogacía. Como poeta, escribe de maneira espontánea e persoal como unha forma de gardar na memoria e na retina imaxes que lle impactan. Baséase na observación do entorno dunha pequena aldea de Láncara, lugar natal da súa muller.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte