Microefectos Dramatúrxicos Marzo 2025
Xoves 13, venres 14 e sábado 15 de marzo, en pases de 20:30 e 22:30, no Clavi.
ENTRADAS: Woutick / Tamén haberá un mínimo garantizado de entradas na billeteira en cada un dos pases.
Logo de tres meses dende a última sesión os Microefectos Dramatúrxicos regresan ao Club Clavicémbalo este xoves, venres e sábado en pases de 20:30 e 22:30.
Nesta sesión representaranse, coma sempre, catro pezas novas. Poderanse mercar entradas a través da plataforma dixital Woutick no seguinte enlace: https://woutick.com/es/entradas/microefectos-dramaturxicos-2025
Tamén haberá entradas dispoñíbeis na billeteira en cada un dos pases.
O grupo, que cumprirá doce anos de existencia o próximo mes de maio, pon en escena pezas teatrais duns quince minutos de duración nas que contan historias da vida para rir ou chorar, cunha escrita directa e actual, que cada tres meses practicamente completa o aforo do Clavi.
Pezas:
– Memento Mori ou farsa de Tontonello e Tomasino Escribe e dirixe Raquel López Cendán. Interpretan: Brais García, Brian Rodríguez e Raquel López Cendán.
– Colibrí II Escribe e dirixe Isa Herrero. Interpretan: María Grandío, Elvira Velasco, Anxo Manoel e Isa Herrero.
– Rodeo Jones Escribe e dirixe Brian Rodríguez. Interpretan: Elvira Velasco, Anxo Manoel, Brais García e Brian Rodríguez.
– Moito por bailar Escribe e dirixe Elvira Velasco. Interpretan: Isa Herrero, María Grandío e Elvira Velasco.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte