 

O vindeiro 1 de novembro de 2025, o Pazo de Feiras e Congresos de Lugo converterase no templo do reguetón coa chegada de “Molan os 2000”, un festival dedicado aos grandes éxitos que marcaron toda unha xeración. Unha noite para cantar, bailar e revivir os temas que puxeron a todo o mundo a moverse hai xa dúas décadas.
Sobre o escenario estarán algúns dos artistas máis icónicos da época dourada do xénero, como Danny Romero, José de Rico, Lorna, La Nueva Escuela ou Dr. Bellido, entre outros convidados especiais. Xuntos ofrecerán un espectáculo cheo de enerxía, luces, efectos e unha posta en escena que transportará ao público directamente aos anos 2000.
O evento promete máis de cinco horas de música, festa e nostalxia, cun ambiente pensado para gozar en grupo e rememorar os himnos do reguetón que nunca pasan de moda. A cita contará ademais con zonas de descanso, barras, animación e moitas sorpresas para que ninguén deixe de moverse en toda a noite.
Información práctica:
Data: Sábado, 1 de novembro de 2025
Horario: 20:00 h – 02:30 h
Lugar: Pazo de Feiras e Congresos de Lugo (Av. dos Deportes, s/n)
Idade mínima: Maiores de 16 anos (os menores de 18 deberán levar autorización e DNI)
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte