- Este evento ha pasado.
O desafío da España baleira(da) «Presentación da rede DESP-OB»

O desafío da España baleira(da) «Presentación da rede DESP-OB»
Salón de Graos Facultade de Humanidades Lugo
Entrada libre até completar a capacidade do espazo.
Tras a benvida institucional, ás 9.30 horas, na que intervirán o decano de Humanidades, Gonzalo Fernández; o vicepresidente da Deputación de Lugo, Efrén Castro; e o director do IDEGA e coordinador da rede, Rubén C. Lois, as persoas que participan no proxecto presentarán os seus centros e as súas liñas de investigación (10.00 horas). Finalmente, María José Piñeira, profesora de Xeografía na USC, ofrecerá unha conferencia (11.00 horas) sobre ‘Despoboación e despoboamento no Atlas Nacional de España’.





























