12.2 C
Lugo
Mié, 29 Oct 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

O director de «SAN SIMÓN» presenta o filme nos Códex Cinema

31 de octubre - 20:00

O director de «SAN SIMÓN» presenta o filme nos Códex Cinema

San Simón narra a historia deste campo de concentración que se fundou na pequena illa galega desde os primeiros días da sublevación militar que non deixa de ser unha metáfora do que pretendía crear o fascismo: unha inmensa prisión.

Case seis mil persoas de toda España pasaron por ela durante os sete anos que estivo en funcionamento. Era un proxecto totalizador cuxo obxectivo buscaba –literalmente– encerrar a un pobo nunha illa.

“A historia dos campos non supón unicamente unha crónica negra, tamén nos obrigan a preguntarnos sobre a vixencia de conceptos como a democracia, a dignidade, a liberdade ou os dereitos humanos”, indica Miguel Ángel Delgado, o director do filme.

A película rodouse na localización orixinal onde tiveron lugar os acontecementos na illa: os edificios, os peiraos, a ponte de pedra que une ambos os illotes, a chaira da illa, os areais que a rodean.

Entre os membros do equipo artístico e técnico destaca a participación de fillos e netos dos presos de San Simón

Esta sesión presentada terá lugar ás 20h00 nos Códex de Lugo o venres 31 de outubro.

Detalles

Fecha:
31 de octubre
Hora:
20:00
Categoría del Evento:

Local

Codex Cinema
Plaza Viana do Castelo nº4
Lugo, Lugo 27003
+ Google Map
Ver la web del Local