13.3 C
Lugo
Lun, 2 Jun 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro de Cultura Romana

23 de junio - 09:30 - 27 de junio - 14:00

Obradoiro de Cultura Romana

Luns 23 xuño a venres 27 xuño 2025 de 9:30 a 14:00 h.
Biblioteca Pública de Lugo (Ramón Ferreiro)

Para nenas e nenos de 4 a 12 anos (15 prazas)

Inscrición DE BALDE previa dende o luns 16 de xuño na sala infanti e no teléfono 982828329

A cargo de A nube de Artear

Esta aula didáctica de cultura clásica é un proxecto de educacion patrimonial e cultural que ofrece a realización dun programa de actividades didácticas e talleres relacionados co mundo clásico, facendo fincapé nos vestixios de Lucus Augusti e arredores.

As actividades programadas desenvólvense cubrindo diferentes eixos temáticos: arqueologia, historia, arte,… tratando os distintos temas dun modo lúdico e divertido, utilizando unha metodoloxía diferente á empregada na educación formal.

A través de xogos, dramatizacións, actividades lúdicas e talleres creativos, os máis pequenos coñecen e experimentan diferentes costume e aspectos da vida dos habitantes da antiga Lucus Augusti, á vez que se divirten e entreteñen dunha forma completamente diferente:

– Como escribían e calculaban os nenos nas escolas.

– Cuales eran as actividades cotiás dos membros da familia.

– Que deuses e deusas, heroes e divindades menores veneraban ou que festas relixiosas celebraban na súa honra ao longo do ano.

– A que xogaban os nenos e nenas no seu tempo libre, que outros xogos de azar gustaban a outras idades.

– Coñecer o mundo dos artistas musivarios e a beleza e dificultade das súas creacións.

– Descubrir os segredos da maxia e as supersticiones dos antigos habitantes de Lucus Augusti.

 

Detalles

Comienza:
23 de junio - 09:30
Finaliza:
27 de junio - 14:00
Categoría del Evento:

Local

Biblioteca Provincial de Lugo
Avda Ramón Ferreiro
Lugo,
+ Google Map