Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro de fotografía de rúa “Olladas que superan barreiras”

13 de marzo - 14 de marzo

O Museo Provincial de Lugo acollerá os días 13 e 14 de marzo o obradoiro de fotografía de rúa “Olladas que superan barreiras”, organizado polo Colectivo Ruando. Esta actividade diríxese a colectivos e asociacións de persoas con capacidade diversa de Lugo e ofrece un máximo de 40 prazas.

A formación divídese en dúas xornadas. O venres pola tarde dedicaranse catro horas á teoría sobre a fotografía de rúa, o concepto de barreira (arquitectónica, social ou de xénero) e a planificación do traballo. O sábado pola mañá realizarase unha sesión práctica de dúas horas polas rúas de Lugo, seguida de dúas horas de visionado e análise das fotografías obtidas.

O obxectivo é utilizar a fotografía como ferramenta de expresión e participación no espazo urbano, explorando a cidade desde a propia experiencia de cada participante. Non se require experiencia previa e os asistentes só precisan dispoñer dun teléfono móbil con cámara ou dunha cámara dixital.

Inscrición: https://comunidadermpl.gal/obradoiro-de-fotografia-olladas-que-superan-barreiras/

Detalles

  • Comienza: 13 de marzo
  • Finaliza: 14 de marzo
  • Categoría del Evento:

Local