- Este evento ha pasado.
Obradoiro de técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras

Obradoiro de técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras (módulo 1 dos tres módulos que da oferta formativa do Lugo Cultural 2025, módulos a facer de xeito independente, dous deles ou os tres)
Este obradoiro ofrece unha introdución práctica e creativa ao manexo de software de edición de audio e procesamento de efectos.
Aprenderás a gravar, editar e manipular sons para crear paisaxes e composicións sonoras.
Exploraremos ferramentas como Reaper e plugins de efectos, mentres desenvolves proxectos reais que combinen técnica e creatividade.
Non se require experiencia previa, só ganas de aprender e experimentar co mundo acústico.
Relator: Arturo Vaquero
Datas:
- 14 de febreiro de 16.00 a 21.00 horas
- 16 de febreiro de 9.00 a 14:00 horas
Lugar: Casa do Saber.
Inscrición desde o 5 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa.
No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.
Prazas: 14 persoas
Prezos:
1) Por módulo:
- Taxa xeral: 60 euros
- Comunidade universitaria: 30 euros
2) Todos os módulos:
- Taxa xeral: 150 euros
- Taxa comunidade universitaria: 70 euros
Módulo 2 – Sementando videoarte
Módulo 3 – Cine de guerrilla: crea cine sen límites
Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo
https://www.facebook.com/vivalugo
























