Obradoiro «Historia da moda a través da literatura»
Da UNED Lugo.
Realizarase online, do 22 de abril ao 6 de maio, de 17:00 a 19:00 horas.
Se rastrexamos a presenza da moda nas diferentes obras literarias, veremos canto nos desvela acerca das sociedades e das persoas que as forman ao longo das diferentes épocas.
Tras o estudo da primeira parte deste tema, que abarca dende a antigüidade até o Barroco, neste curso continuamos indagando ao redor da presenza da moda nos textos literarios. Para iso, continuamos o percorrido dende o século XVIII até a actualidade.
Participa nesta actividade Laura López-Leitón, licenciada en Filoloxía Hispánica na Universidade de La Laguna, escritora e docente.
Máis información e matrícula:
https://extension.uned.es/actividad/41055&codigo=TDMAT
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte