28.2 C
Lugo
Jue, 10 Jul 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Obradoiro «Paxe, cestería tradicional de varas»

18 de julio - 20 de julio

Obradoiro «Paxe, cestería tradicional de varas»
Aberto o o prazo para anotarse no curso «Paxe, Cestería tradicional de varas», no que as persoas asistentes aprenderan a elaborar un “paxe”, un tipo de cesto forte e de base cadrada usado tradicionalmente para tarefas agrícolas, do 18 ao 20 de xullo en Lugar de Reque – Paseo do río Rato.
 
O obradoiro contará cunha parte teórica en que se fará unha introdución a historia da cestería en Galicia, centrada nos tipos, usos e procedencias de diferentes tipos de cesto, e se falará do cultivo, recolección, tallado, pelado e conservación do vimbio, ademais das ferramentas que se empregan neste oficio. Na parte práctica, as persoas asistentes aprenderan como tecer o cú, levantar a teada e rematar e
poñer as asas do paxe.
 
A participación no curso, dirixido a cesteiras profesionais e afeccionadas, require de inscrición previa a través do enderezo lugardereque@deputacionlugo.org. O prazo estará aberto do 8 ao 13 de xullo. A selección das persoas participantes farase por orde de recepción de solicitudes, dando prioridade ás persoas que aínda non participaron nos obradoiros de cestería do Lugar de Reque.
 
O obradoiro forma parte do programa de formación en cestería que a Vicepresidencia da Deputación de Lugo impulsa no Lugar de Reque para revitalizar este espazo público a carón do río Rato, en Lugo, da man da Asociación Vilú.
 
#Lugo #vivalugo #lugardereque #paseodorato #paseodoriorato #riorato #cestería

Detalles

Comienza:
18 de julio
Finaliza:
20 de julio
Categoría del Evento: