4.4 C
Lugo
Mié, 12 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Obradoiro «Sementando videoarte»

21 de febrero - 16:00 - 21:00

Obradoiro «Sementando videoarte» (módulo 1 dos tres módulos que da oferta formativa do Lugo Cultural 2025, módulos a facer de xeito independente, dous deles ou os tres)

Dende as interseccións artísticas que a xeran -linguaxe cinematográfica, plástica, escrita, sonora…- achegámonos á videoarte na experimentación de formatos, técnicas e ferramentas que permitan un coñecemento xeral dos prantexamentos teóricos e prácticos do medio.

O módulo aborda etapas creativas -dende a preprodución até a postprodución- que posibilitan a realización dunha peza videoartística alén dos sistemas de produción tradicionais, e acompaña os procesos individuais de creación dunha peza de videoarte.

Relatora: Carmen Granxeiro

Datas:   

  • 21 de febreiro de 16.00 a 21.00 horas
  • 23 de febreiro de 9.00 a 14.00 horas

Lugar: Casa do Saber.

Inscrición desde o 5 de febreiro ata completar prazas neste formulario, seguindo as instrucións do documento de pagamento de taxa.

No caso do módulo 1 a inscrición pode facerse ata o xoves 13 de febreiro á mañá.

Prazas: 14 persoas

Prezos:

1) Por módulo:

  • Taxa xeral: 60 euros
  • Comunidade universitaria: 30 euros

2) Todos os módulos:

  • Taxa xeral: 150 euros
  • Taxa comunidade universitaria: 70 euros

Módulo 1 – Laboratorio sonoro: técnicas de gravación, software e creación de paisaxes sonoras

Módulo 3 – Cine de guerrilla: crea cine sen límites

Axenda Cultural de Lugo, Viva Lugo

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
21 de febrero
Hora:
16:00 - 21:00
Categoría del Evento:

Local

Casa do Saber
Praza Pío XII, 3
Lugo, Lugo 27001
+ Google Map