- Este evento ha pasado.
Orquestra Bravú Xangai en concerto

Orquestra Bravú Xangai en concerto
Sábado 29 de marzo de 2025 – 22:30 horas – Club Clavicémbalo de Lugo
Pode que a fin do mundo estea preto mais, se pola Orquestra Bravú Xangai fose, o mundo sería un baile eterno, unha repichoca sen fin, unha festa sen medida con gosto a sal e licor como boa bacanal bravú.
A Xangai, con Xurxo Souto á fronte, segue co facho do bravú prendido trinta anos despois daquel glorioso momento, a fundación do Bravú en Chantada en novembro de 1994.
O seu novo disco, Os saxofóns de Occidente, contén dezasete cancións e o seu directo un feixe de músicas coas que bailar e brincar até que saia o sol.
Mighelón Paz: batería, outros instrumentos de percusión e voz; Antón Díaz: baixo e voz; Guni Varela: guitarra e voz solista; Xan Xove: gaita e voz; María Prado: trompeta e voz; Richi Casás: saxo alto e voz; Martinho da Bandeira: saxo tenor e voz; Oli Cano: saxo barítono, frauta traveseira, sintetizador, voz e baile ao vivo; Xurxo Souto: voz; Max Ferreiro: son ao vivo.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo





























