7.7 C
Lugo
Vie, 14 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Paseo literario polos escenarios da novela ambientada en Lugo “Tras la niebla”

18 de marzo - 19:00

Paseo literario polos escenarios da novela ambientada en Lugo “Tras la niebla”

O vindeiro 18 de marzo o guía turístico Guido Álvarez organiza un paseo literario polos escenarios da novela negra ambientada en Lugo “Tras la niebla”.

Estará acompañado pola súa autora, a escritora e xornalista barcelonesa Ivet Núñez, que ilustrará aos participantes sobre os diferentes escenarios nos que transcorre a trama.

O punto de encontro desta ruta literaria será a Praza Pío XII ás 19h00. Dende alí percorrerase o centro histórico da cidade en busca dos lugares que pisaron os protagonistas da novela.

O paseo terá unha duración dunha hora na que os participantes poderán coñecer de primeira man o proceso creativo que seguiu a autora.

A actividade é totalmente gratuíta e as inscricións xa están abertas.

Para participar só hai que mandar un correo a guidoguiaturismo@gmail.com reservando unha praza.

O libro está dispoñible na Librería Biblos, en Agarimo e en Amazon para todos aqueles que queiran ler a novela antes de desfrutar do paseo.

Ademais, os participantes recibirán un presente por parte da autora.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
18 de marzo
Hora:
19:00
Categoría del Evento: