- Este evento ha pasado.
Poesía – «Versos na Barraca con Abraham Pérez e Beatriz Dourado»
Poesía – «Versos na Barraca con Abraham Pérez e Beatriz Dourado»
Xoves 10 de xullo de 2025 – 20:00 horas – Praza da Mosqueira – De balde.
«Anos vinte século vinte e un»
A consolidación das poéticas de Abraham Pérez e Beatriz Dourado no comezo dos anos
vinte do novo século achegan a este recital a fértil mestura da filosofía e o verso como
revelación espida da realidade coa evocación sutil e profunda da memoria familiar, a dor
que asolaga o mundo e os ecos da infancia. E celebramos a poesía lucense con vocación
universal a través de dúas voces que conteñen, como nos aprendeu Audre Lorde, a marca
da ferida, pero tamén a marca da resistencia.





























