Premios Mestre Mateo – Encontro co público

O 5 de marzo tes unha cita para coñecer de primeira man ás protagonistas dos #PremiosMestreMateo! Os presentadores da Gala, Trisha Fernández e Federico Pérez, terán unha conversa con Rosa Moledo, Premio de Honra desta edición, nun encontro que estará aberto ao público.
5 de marzo | 19:00 horas
O Vello Cárcere
Podes reservar a túa entrada chamando ao 633 24 56 39 en horario de 10:00 a 17:00 ou escribindo a actividades@academiagalegadoaudiovisual.gal indicando o teu nome.

























