- Este evento ha pasado.
Presentación de ‘Amor Palimpsesta’ de Helena Salgueiro

Presentación de ‘Amor Palimpsesta’ de Helena Salgueiro
Editado por Espiral Maior, gañador do XXIV Premio de poesía Fiz Vergara Vilariño
- Mércores, 3 de decembro
- 19:00h
- Librería Trama
A autora estará acompañada de Nieves Neira, poeta e xornalista, e de María Casar, presidenta da A.C. Ergueitas.
Sobre ‘Amor Palimpsesta’, polo xurado do Premio Fiz Vergara Vilariño :
É unha proposta de superación dos xéneros desde a forma e desde a propia elaboración teórica para realizar un discurso que se adentra na construción dunha voz poética non constrinxida a ningún rexistro determinado.
Un poemario vórtice, concibido desde a fragmentación textual e a hibridez xenérica.
Neste canto de amor á escritura e exercicio de escritura sobre o amor explórase este último como macrotexto sagrado.
A autora espéllase en diversas artes, lai acopio de materiais e compárteos con quen le, confiando na (in) finitude do libro.
Amor Palimpsesta é un poemario que desprega unha paisaxe híbrida, cunha engrenaxe paratextual moi rica e complexa, que alicerza unha reflexión arredor do amor e da escrita.
Fragmentario e experimental, porén coa unidade e coherencia dun proxecto firme e complexo.
Imaxes lúcidas, ironía e humor e unha ramificación de voces e texturas, múltiples formas que o converten nun libro-corpo colectivo cheo de vida e posibilidades.





























