Presentación do libro «A delincuencia común en lugo durante o franquismo»
O Salón de Actos do Pazo de San Marcos acollerá acollerá o martes 29 de abril 20.00 horas a presentación do libro “A marxe da lei. A delincuencia común en lugo durante o franquismo (1945-1966)” da doutora en Servizos Culturais e investigadora Tamara López Fernandez, editado polo Servizo de Publicacións da Vicepresidencia da Deputación de Lugo.
A autora falará sobre o contido do libro, un estudo transversal sobre a delincuencia común que tivo lugar no Partido Xudicial de Lugo entre 1945 a 1966, anos de consolidación da ditadura franquista, ofrecendo tipoloxías, apuntando tendencias e describindo perfís das persoas que quedaron reflectidas en causas, sentenzas e outros tipos de docuemntación xudicial.
A análise, atenta á perspectiva de xénero e ao rural, permite un achegamento “ás multiples facianas da vida cotiá de luguesas e luguesas sobre todo das clases subalternas” e sinala “os tribunais ordinarios como unha ferramenta máis de imposición dos valores da ditadura
franquista”
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte