Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Presentación do libro de Antón Baamonde «Agora non é antes»

23 de marzo
Presentación do libro de Antón Baamonde «Agora non é antes»

23 de marzo de 2026

Hora: pendente

Salón de Actos da Deputación de Lugo

Entrada de balde

Con:

  • Antón Baamonde, ensaísta e autor do libro.
  • Manuel Gago, xornalista e escritor
  • Presentadora, Tonina Gay, presidenta do C. C. Valle -Inclán
Antón Baamonde

Antón Baamonde (Vilalba, 1959) é un pensador: filósofo, ensaísta e articulista, intenta
entender e captar Galicia desde outro ángulo, desde un ángulo diferente do habitual. Pensa
que, para encarar o futuro, debemos recoñecernos no que realmente somos, non nun
imaxinario do pasado, tópico e irreal.

”Combater os clixés, transformar o modo en que nos imaxinamos, abandonar a retórica da
pasividade, enfocar o pais de un modo mais plausible” é o que propón o seu último libro,
“Agora non é antes”, que leva por subtítulo “Ideas para unha revolución tranquila”.

“Sería posible que o fenomenal cambio económico e social que viviu Galicia nas últimas
décadas abrise o camiño a unha transformación política e cultural? Sería posible un camiño
propio, un modelo de modernización coherente, unha nova narrativa colectiva? Sería posible, indo mais aló, unha Galicia que axude a construír unha España policéntrica e un pacto federal, integrada na Unión Europea?” son preguntas para un debate ao que Antón
Baamonde nos convida o próximo 23, no Salón de Actos da Deputación.

Dentro do ciclo «Agora non é antes» organizado por lo Club Cultural Valle Inclán polo seu 60 aniversario. Vindeiras citas do ciclo:

23/04 O ANTES. MESA REDONDA CON POLÍTICOS DE LUGO EN ACTIVO NOS ANOS 1.960/70: Carlos Dafonte Díaz. Lois Diéguez Vázquez. Alfredo Sánchez Carro. Cándido Sánchez Castiñeira. Miguel Vázquez Calvo/Manuel Varela Flores. Presentador- Moderador/a: Santiago Fernández Rocha

07/05 O AGORA. MESA REDONDA CON PERSOAS DAS XERACIÓNS POSTERIORES A
TRANSICIÓN: Alicia Carballedo Portela, Olga Louzao Aldariz, Serxio María Rodríguez Álvarez, Fernando Suárez Barcia. Presentador/moderador: Xosé Ramón Cando Vázquez

28/05 CONFERENCIA de Antón Losada: O ESTADO DO MUNDO HOXE E NÓS . ESTÁ EN PERIGRO A DEMOCRACIA?

Detalles

Local