Presentación do libro de Lois Pérez «Cartas na escuridade»
Evento subido a Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo. www.vivalugo.es
O xoves 19 de decembro ás 20:30h Lois Pérez presentará na libraría Lectocosmos a obra Cartas na escuridade, editada por Cuarto de Inverno, acompañado da tamén escritora Ledicia Costas.
Entrada libre até encher localidades.
O autor lugués vén de acadar o V Premio María Victoria Moreno de Literatura Xuvenil, repetindo o éxito das obras “A gruta da torre” (2022) e “A tribo do mar” (2023), galardoadas cos premios Agustín Fernández Paz e Raíña Lupa respectivamente.
Cartas na escuridade narra a vida de dous nenos soldado ugandeses, e o percorrido que os leva a traballar ás portas do Mundial de Catar.
Describindo un periplo vital marcado polo tráfico de persoas, a novela trata, en palabras do autor, da “identidade” e da “imposibilidade de ser en algunhas xeografías do mundo actual”, buscando remover conciencias, e mesturando o carácter social do tema da obra, co sentido da aventura e do humor propios dos libros xuvenís.
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte