Presentación do libro ‘El cuarto vértice’
11 de marzo - 19:00
Presentación do libro ‘El cuarto vértice’, de Carlos Moreno Lugrís, quen nesta obra narra o encontro entre Maruja Mallo e Marina Méndez, para imaxinar o relato da extensa carreira da primeira ao longo do século XX e tamén para dar voz á segunda e falar do acoso moral que sufriron as mulleres antes da democracia.
Dita actividade terá lugar o 11 de marzo no salón de actos da Deputación, ás 19.00 horas.

























