Presentación do libro «Los maragatos de la puerta de San Pedro»
Mércores, 11, ás 20,00 h., na Biblioteca Provincial de Lugo
Un libro de Antonio Giz e Xulio Xiz, editado por Egeria e a Fundación Pérez-Carro.
Na presentación participarán a Alcaldesa de Lugo, Paula Alvarellos; o Conselleiro de Cultura da Xunta de Galicia, José López; a Vicepresidenta 1ª do Parlamento de Galicia, Elena Candia; a Presidenta da Fundación, M.ª Carmen Pérez-Carro; a Directora da Biblioteca, Isabel Pérez, e os autores.
Con este motivo, abrirase na Biblioteca unha exposición bilingüe co mesmo título, que posteriormente viaxará por diversas cidades de Galicia e Castela-León.
No libro (366 pax., cun milleiro de ilustracións) participan 33 destacados lucenses pertencentes ás máis diversas profesións ou actividades que comentan o “impacto maragato” dos Pérez Carro; 12 cronistas da presenza maragata na provincia de Lugo, no
entroido ou na gastronomía de Galicia, ou un sociólogo especialista na sociedade maragata. E, por parte da Familia Carro, Andrés García Carro, dos maragatos de A Coruña, e Juan Ángel Carro Pérez, natural de Lugo, que vive na Maragatería, e asina o limiar.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte