10.5 C
Lugo
Jue, 11 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Presentación do libro “Pegadas no Muro. Cultura Urbana e Arte nas rúas”

11 de diciembre - 11:00

Presentación do libro “Pegadas no Muro. Cultura Urbana e Arte nas rúas”

Adarve da Muralla de Lugo, xunto ao mural de Copora (A Castrexa)
Xoves, 11 de decembro 11:00 h
«Este proxecto naceu nun Curso de Primavera da USC, no que a EASD Ramón Falcón participou activamente.
Ademais, a edición (impulsada por Milena Cortés e a nosa ex compañeira Patricia Cupeiro @patri_monia), inclúe unha ilustración da nosa profesora Emilia Rodríguez de las Heras @emidelasheras, polo que nos fai especial ilusión acompañar esta nova.
O libro, impulsado pola Vicerreitoría de Estudantes e Cultura da USC, institución coa que a nosa escola mantén unha relación estreita e habitual, ve a luz grazas a Alvarellos Editora, a Deputación de Lugo, e o Concello de Lugo.
Trátase dunha presentación simbólica, ao aire libre —como corresponde a un proxecto sobre arte urbana— e enmarcada na celebración do 25 aniversario da declaración da Muralla como Patrimonio da Humanidade.» EASD Ramón Falcón

Detalles

  • Fecha: 11 de diciembre
  • Hora:
    11:00
  • Categoría del Evento: