- Este evento ha pasado.
Presentación do libro “Un empresario sin miedo al riesgo”

Presentación do libro “Un empresario sin miedo al riesgo”
Biografía de José Fernández López, obra da xornalista Marisa Gallero.
O acto terá lugar o venres, 12 de setembro, ás 18:30 horas no Museo Provincial de Lugo
Esta publicación, galardoada co Premio LID de Biografía Empresarial, afonda na traxectoria de José Fernández López, empresario que desenvolveu proxectos en diversos sectores, incluíndo a industria farmacéutica, o transporte ferroviario e a pesca.
Entre as súas iniciativas atópanse a fundación de empresas como Zeltia, Transfesa, Antibióticos e Pescanova.
O libro documenta o seu percorrido e as súas contribucións ao ámbito económico e cultural, destacando tamén o seu papel como gran benefactor do Museo Provincial de Lugo.
A entrada é libre ata completar o aforo.





























