Presentación do novo libro de artista de Christian Villamide
Sábado 10 de maio | 12:00 h
Con motivo da súa publicación no proxecto editorial Fueradcarta, presentarase na Galería NÉBOA o libro de artista Quisiera ser selva, intransitable, incógnita…, de Christian Villamide.
Esta edición limitada, asinada e numerada, forma parte da exposición Bufet libre. (La casi) Una década de Fueradcarta, actualmente en CentroCentro (Madrid) e comisariada por Javier Díaz-Guardiola.
Durante o acto, Christian Villamide realizará unha visita guiada pola exposición Cando a paisaxe se fixo verba, comisariada por Paula Cabaleiro e aberta ao público na Galería NÉBOA ata o 31 de maio.
O libro ofrece unha reflexión visual e poética sobre a tensión entre natureza e artificialidade, e propón un percorrido íntimo por territorios transformados, onde o artístico se converte nun acto de resistencia e beleza.
A publicación poderá consultarse e adquirirse na galería desde o día da presentación.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte