Presentación do último monográfico da Revista Galega de Educación que leva por título Comunidade e participación das infancias.
O mércores, 2 de abril, no Vello Cárcere de Lugo ás 18.00 horas
Presentarase asemade o libro Realidades e horizontes da educación en Galicia, unha obra colectiva en homenaxe ao catedrático xubilado e membro de Nova Escola Galega, Antón Costa Rico.
O acto, organizado polo movemento de renovación pedagóxica Nova Escola Galega, conta coa colaboración da Área de Cultura, Turismo e Promoción da Lingua do Concello de Lugo, a editora Kalandraka, a Revista Galega de Educación e a Libraría Trama.
Iria Buíde Pena, Concelleira de Educación de Lugo, será quen abrirá esta actividade que estará moderada por Santiago Quiroga García, membro de Nova Escola Galega. Intervirán ademais:
-Ana Parada Gañete, codirectora da Revista Galega de Educación
-María Barba Núñez, coautora do monográfico.
-Xesús Rodríguez, catedrático da USC e co-coordinador do libro.
-Antón Costa Rico, catedrático xubilado de Historia da Educación e homenaxeado no libro Realidades e horizontes da Educación en Galicia.
O Monográfico da Revista Galega de Educación pon o foco na importancia da participación infantil como un dereito fundamental e unha ferramenta chave para o desenvolvemento cidadán e a transformación social.
O número aborda como, historicamente, a infancia foi relegada da esfera pública por causa do adultismo e do adultocentrismo, limitando a capacidade de expresión e decisón das nenas e nenos.
A publicación revisa documentos internacionais e experiencias pedagóxicas que promoven
unha cidadanía infantil activa e participativa, desde a Escola Moderna de Freinet até a
proposta de Francesco Tonucci coa iniciativa A Cidade dos Nenos e Nenas.
Por outra parte, Realidades e horizontes da educación en Galicia é un volume que ofrece
unha mirada profunda e especializada sobre a evolución educativa no noso país, ao tempo
que serve de homenaxe a Antón Costa Rico.
A obra, coordinada por Xesús Rodríguez e Xosé Antonio Caride, recolle testemuños de docentes, investigadoras e especialistas que mantiveron vínculos profesionais e persoais co profesor Costa, quen xogou un papel fundamental na renovación educativa en Galicia e na defensa da lingua galega.
O acto finalizará cunha sinatura de libros e revistas no vestíbulo do centro sociocultural.
Convídase a toda a cidadanía e aos medios de comunicacion a participar e cubrir este
evento de reflexión educativa e de recoñecemento a unha figura fundamental na pedagogía
galega.
Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo