15.5 C
Lugo
Vie, 12 Sep 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Proxección de «Pupa»

16 de septiembre - 19:30

Proxección de «Pupa»

16/09 – 19:30 horas – Leira

Desde hai unhas semanas e artista Antía Carreira (Lugo,1995) atópase investigando a relación ancestral dos mananciais co sacro e a súa vinculación coa calidade hídrica das canalizacións no actual rural lucense, desde imaxes macro ás imaxes micro que revelan “outros mundos que están en este”.

(…) Da traída é un proxecto que parte da observación dos petroglifos da zona de Adai (Lugo), especialmente daqueles que amosan formas de coviñas, para explorar a relación ancestral entre a auga, os rituais e o territorio.

Estas marcas na pedra, datadas hai arredor de 4.000 anos, repítense en Galicia en lugares elevados, visibles ou próximos a fontes e mananciais. A súa función hipotética está ligada á sinalización de zonas con augas beneficiosas para o consumo, pero tamén a un uso simbólico e ritual, asociado á curación, á fertilidade e ao diálogo co sagrado.

Ao encherse coa chuvia, as coviñas convértense en pequenos receptáculos onde auga se acumula para un uso cerimonial.

Nesta zona no que a vida humana e non humana, aínda dependen do abastecemento destes mananciais, o proxecto contrasta a antiga dimensión sagrada da auga co seu uso cotián actual e a presenza da contaminación (…)

Detalles

Fecha:
16 de septiembre
Hora:
19:30
Categoría del Evento:

Local

Leira Haus
Praza do Campo 1 bis
Lugo, 27001
+ Google Map
Ver la web del Local