Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Proxección do filme ‘Dúas mulleres’, de Vittorio de Sica

21 de octubre - 19:30

O Club Cultural Valle-Inclán proxecta o filme ‘Dúas mulleres’, de Vittorio de Sica (Italia, 1960, 100 min), nas Sesións de Filmoteca do Outono Cultural 2026.

Será o mércores 21 de outubro no Salón de Actos da Casa do Saber do campus de Lugo ás 19.30 horas.

Iniciada a proxección, non se permitirá o acceso á sala. Entrada libre para socios do club e comunidade universitaria, resto do público cota proporcional de socio do Club Cultural Valle Inclán.

Esta actividade desenvólvese segundo o convenio asinado pola Xunta de Galicia e a Federación de Cineclubes de Galicia.

Dúas mulleres

Unha muller viúva escapa de Roma durante a Segunda Guerra Mundial para refuxiarse xunto á súa filla adolescente no seu pobo natal entre as montañas. Alí todo parece estar en paz, aínda que quizais non por moito tempo. De Sica abandona o neorrealismo que o caracterizara durante os anos corenta e cincuenta para compoñer un fresco a grande escala da Italia rural durante a guerra, con grandes recursos e no que figuran Sophia Loren e Jean-Paul Belmondo como protagonistas. Esta adaptación de Alberto Moravia fíxolle gañar a Loren en Cannes e nos Oscar os galardóns de mellor intérprete feminina. FILMOTECA DE GALICIA.

Detalles

  • Fecha: 21 de octubre
  • Hora:
    19:30
  • Categoría de Evento:

Recinto

  • Casa do Saber
  • Praza Pío XII, 3
    Lugo, Lugo 27001
    + Google Map