- Este evento ha pasado.
Recital de poesía de persoas usuarias de COGAMI
Recital de poesía de persoas usuarias de COGAMI
Día: venres, 30 de maio
Hora: ás 12:30 horas
Lugar: Biblioteca Pública de Lugo (Avenida Ramón Ferreiro s/n)
O vindeiro venres 30 de maio, ás 12:30 horas, as persoas usuarias do centro de día que
COGAMI ten en Fingoi celebrarán un recital de poesía na Biblioteca Pública de Lugo (Avda.
Ramón Ferreiro, s/n), unha actividade cultural que conta coa implicación directa de 14
persoas usuarias, algunhas delas con dificultades de lectoescritura e incluso analfabetismo
total.
Neste acto presentaranse como grupo A.L.E.X., nome escollido recentemente como
homenaxe a un compañeiro do centro que formaba parte da actividade e que faleceu. A
familia estará presente no evento, no que se lle dedicará un sentido recoñecemento.
Durante o recital, as persoas participantes recitarán en grupo catro poesías acompañadas
dun traballo audiovisual elaborado por elas mesmas.
Ademais, o vestiario está deseñado por unha das usuarias do centro.
Esta actividade, ten como obxectivo principal gozar da lectura, aínda que tamén fomenta a creatividade, o coñecemento literario e histórico, a escoita activa, o traballo en equipo e a inclusión de todas as persoas, independientemente do seu nivel de lectura.





























