Unha peza escénica de Mónica Sueiro que nace co obxectivo de reivindicar e visibilizar a figura de moitas artistas que foron silenciadas ao longo da historia.
A cita terá lugar o 5 de decembro ás 16:30 h no Museo Provincial de Lugo.
Esta proposta de creación e interpretación de Mónica Sueiro dá voz a grandes creadoras que, a pesar de acadar recoñecemento na súa época, remataron no ostracismo e foron afastadas dos manuais de historia da arte. Para moita xente, estas mulleres habitan nun territorio invisible.
A artista subterránea fala en primeira persoa dando voz a grandes creadoras como: Sofonisba Anguissola, Lavinia Fontana, Artemisia Gentileschi, Berthe Morisot, Hilma Af Klint, Maruja Mallo, Julia Minguillón, entre outras. Mulleres que a través das súas creacións, loitaron, resistiron e reivindicaron a súa presenza.
A través da arte, a peza busca sensibilizar e crear unha actitude crítica ante a invisibilización e as diferentes violencias. O público está convidado a formar parte da acción, participando na creación dun mural colectivo a través da técnica dos “cadáveres exquisitos”.
A peza ten unha duración de 60 minutos e está dirixida a público a partir de 14 anos.
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte