Roteiro «Lugo pola Paz»
En Lugo este venres 21 de febreiro saíndo ás 11:00 h dos soportais do Concello na Praza Maior.
Ao finalizar recolleranse doazóns en favor de Médicos sen Fronteiras.
Polo Día Mundial do Guía de Turismo
«A federación mundial de guías de turismo WFTGA elexiu este ano o lema: «os guías de turismo, embaixadores para a paz». De certo a nosa profesión contribúe a establecer pontes entre as culturas, promovendo o entendemento, a inclusión e a harmonía.
Ao levarmos aos nosos visitantes por lugares de batallas pasadas, monumentos do patrimonio cultural ou espazos naturais, compartimos historias que inspiran a reflexión, a reconciliación e o respecto polas persoas e a natureza.
A verdadeira paz comeza co xeito de tratarmos a quen está cerca de nós e o noso entorno.»
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
Somos a axenda cultural de Lugo e o medio dixital onde enterarte de tódolos eventos culturais e de ocio da cidade: concertos, teatro, exposicións, cine, espectáculos, presentación de libros, danza…
Contacta: vivalugo@vivalugo.es
© 2018 Viva Lugo | Deseño web feito co ♡ por El cielo del norte