Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – A historia do coelliño branco

25 de abril - 12:00

Teatro – A historia do coelliño branco

A cargo de Bea Campos (Migallas Teatro)

25 de Abril 2026, 12:00
Biblioteca Pública de Lugo – Salón de actos (ata completar capacidade) – De balde

Para nenos/as a partir de 1 ano (Familiar)

Duración: 40 minutos

A historia do coelliño branco é unha adaptación teatral do conto popular portugués dirixida a público infantil a partir de 1 ano.
Cunha posta en escena coidada e delicada, que combina monicreques e narración oral, Bea Campos dá vida a esta entrañable historia chea de valentía, amizade e solidariedade.

 

Nesta posta en escena, os animais constrúense a partir de obxectos da vida cotiá: unha escoba convértese nun can, unha cunca nunha vaca, unha luva un galo… só fai falta deixar voar a imaxinación.

Nun día soleado, o coelliño branco sae da casa para ir á horta buscar coles coas que preparar un caldiño. Ao regresar, atópase coa porta pechada: unha cabra cabresa apoderouse do seu fogar e ameázao con saltarlle enriba da cabeza se non marcha. Comeza así unha fermosa viaxe escénica na que o coelliño emprende a procura de axuda para recuperar a súa casa.

A historia retoma un relato clásico no que o animal máis pequeno debe enfrontarse a un máis grande, mais introduce un xiro cheo de sensibilidade que destaca a importancia da valentía e do apoio mutuo, grazas á intervención dunha pequena formiga. Un espectáculo musical, visual e participativo que achega á cativada valores como a amizade e o coraxe, nun ton tenro, poético e divertido.

Detalles

Local

  • Biblioteca Provincial de Lugo
  • Avda Ramón Ferreiro
    Lugo,
    + Google Map