- Este evento ha pasado.
Teatro – Absurdia

Teatro – Absurdia
Dani Blanco Producións
- xoves, 27 de febreiro de 2025 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Sinopse:
O Unha paisaxe desolada: podería ser un vertedoiro, unha fábrica abandonada, unha trincheira, unha vella estación. Ducias de cadeiras en montóns desordeados.
Tres personaxes abafados por completar unha tarefa que non comprenden e que nunca rematan. Falan, calan, discuten, retórcense, pelexan e danse apertas. Pasan da angustia á euforia cada pouco. Non saben por que están alí, nin o que lles espera. Parece que non poden marchar. Benvidos, isto é ABSURDIA.
Entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.
Auditorio Municipal Gustavo Freire – Programación primeiro semestre 2025
Viva Lugo, Axenda Cultural de Lugo.
https://www.facebook.com/vivalugo
























