19.1 C
Lugo
Jue, 11 Sep 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro «Go home» con David Amor e Josito Porto

19 de septiembre - 20:30
Teatro «Go home» con David Amor e Josito Porto
  • Venres, 19 de setembro de 2025 20:30 hs.
  • Auditorio Fuxan os Ventos
Idade recomendada: A partir dos 16 anos

GO HOME conta a historia de Carlos, un fanático do turismo que xa fixo todo tipo de aventuras que as axencias de turismo lle podían ofrecer. Todas menos unha: unha viaxe sorpresa, a cegas, na que non sabe o que lle vai acontecer. A peripecia levaráo a pasar a noite no Cebreiro, comezando unha aventura na que Carlos gozará de emocións intensas, tales como a dúbida, o medo e a sorpresa.

GO HOME é o novo espectáculo dirixido por Tito Asorey, e está protagonizado por David Amor e Josito Porto en asociación con grandes da dramaturxia como José Prieto, José Faro, Laura Iturralde, Patricia Ferreira e Xavier Porto. Trátase dunha comedia, comprometida coa realidade e cun elenco de luxo para tratar unha das temáticas máis de actualidade do momento: o turismo e a xerintrificación.

Esta peza teatral observa a realidade, así como as súas problemáticas asociadas a Galicia, na procura dunha obra chea onde teñen cabida a reflexión, a diversión e a investigación escénica.

Entradas – entradaslugo.es –

Detalles

Fecha:
19 de septiembre
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

Auditorio Municipal Fuxan os Ventos
Rúa Madanela
LUGO, Lugo 27002 Spain
+ Google Map