Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – La Balada del Norte

17 de octubre - 20:30
La Balada del Norte

de Alfonso Zapico

Sábado, 17 de outubro de 2026 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: Adultos

Sinopse:

«La Balada del Norte» Recrea con pulso firme uns tempos convulsos de grandes desigualdades, coa xestación da Revolución asturiana do 34 como pano de fondo.

Tristán Valdivia, xornalista sen xornal, editor sen éxito e amante sen ilusión, abandona a capital en 1933 para volver ao norte. Alí agárdao o seu pai, o marqués de Montecorvo. Da escuridade dos vales mineiros de Asturias xorden personaxes luminosos, e baixo o ruído atronador das minas de carbón escóitase o murmurio dunha canción antiga. Os tempos vellos e novos chocan brutalmente, poñendo a proba o protagonista e a Humanidade enteira. Este é o son de A Balada do Norte.

Unha folga xeral revolucionaria, a dinamita dos mineiros, o fracaso da Revolución, a represión de Franco, a vinganza. O noso protagonista une o seu destino ao dos perdedores da Historia e lánzase montaña arriba cara a ningunha parte, na procura de quen sabe que. Vagan polas montañas de Asturias nun inverno frío de derrota, nesta historia que amobla o vestíbulo dunha casa en ruínas, o fogar roto e baleirado da Guerra Civil española de 1936.

Ficha Técnica e Artística:

Autoría original: Alfonso Zapico
Dramaturgia y dirección: Luis Alija
Ayudantía de dirección: María Prendes
Coreografía y movimiento escénico: Estrella García
Escenografía: Nuria Trabanco
Vestuario y caracterización: Javier Noriega
Ayudante vestuario y caracterización: Bruno Galán Blanco
Diseño iluminación: Carlos Dávila – Marta Allende
Ejecución técnica: David Fernández
Espacio sonoro y ejecución en directo: David Varela

Elenco: Carlos Dávila · Enrique Dueñas · Carmen Gloria García Ernesto · González · Carla Loga · Alberto Rodríguez · David Varela · Nerea Vázquez

Diseño y cartelería: Sergio Llunik
Producción: Luis Alija
Ayudantía de producción y diseño gráfico: Carla Loga
Distribución: Sit and see – Iñaki Díez y Raquel Jiménez
Agradecimientos: Astiberri Ediciones, Alfonso Zapico y
LABoral Centro de Arte y Creación Industrial

ENTRADAS: a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Recinto

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05