7.7 C
Lugo
Vie, 14 Mar 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro – Mala vida e pior morte de Ricardo III

22 de marzo - 20:30

Teatro – Mala vida e pior morte de Ricardo III

De Producións teatrais excéntricas

  • sábado, 22 de marzo de 2025 20:30 hs.
Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Idade recomendada: A partir dos 14 anos
Ficha Técnica:
– Dirección: Alessandra García e Antón Coucheiro.
– Autoría: María Lado, Evaristo Calvo e William Shakespeare.
– Elenco: Evaristo Calvo.

Sinopse:

Mala Vida e Pior Morte de Ricardo III é un espectáculo unipersoal protagonizado por Evaristo Calvo no que a través dun monólogo dirixido á audiencia o personaxe do difunto rei Ricardo III de Inglaterra, argumenta en contra do relato dos derradeiros anos da súa vida que Shakespeare deixou trazado no drama “A vida e a morte do rei Ricardo III”.

Dirixido por Alessandra García (Premio Max e Ojo Crítico) e Antón Coucheiro e con dramaturxia de María Lado (coa axuda de Shakespeare).

Este é un espectáculo coproducido polo Centro Dramático Galego.

A figura do derradeiro rey Plantagenet, Ricardo III de Inglaterra é pouco coñecida, do mesmo xeito que acontece con outros moitos monarcas medievais.

O coñecemento da existencia deste rei da casa de York entre o público é principalmente debida á utilización que o dramaturgo e poeta William Shakespeare fixo do seu nome para a criación dunha das súas obras mais coñecidas; “The life and death of king Richard III” coñecida tamén como “A traxedia de RicardoIII”.

Espectáculo revisionista sobre o personaxe de Ricardo III recreado por William Shakespeare que tenta resitualo no contexto da ciencia histórica e resitualo na sua calidade humana a través do humor nun exercicio esquizoide no cal personaxe e intérprete revelan as súas contradiccións.

ENTRADAS:

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
22 de marzo
Hora:
20:30
Categoría del Evento:

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05