13.8 C
Lugo
Vie, 9 May 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

  • Este evento ha pasado.

Teatro – Manuela Rey Is In Da House

8 de mayo - 20:30

Teatro – Manuela Rey Is In Da House

Xoves, 8 de maio de 2025 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire

Centro Dramático Galego, Teatro do Noroeste, Centro Dramático de Viana, Teatro Nacional Dona María II e Teatro Nacional Sao Joao.

Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse:

Manuela Rey, “a muller lirio”, é máis que unha liña no libro dos enterros do cemiterio dos Praceres, en Lisboa.

É un misterio que comeza en Mondoñedo, nunha casa de aldea, en 1842, e remata no Teatro Nacional Dona María II, en Lisboa. De Mondoñedo a Lisboa. De Galicia a Portugal. 23 anos de vida. 23 anos de teatro. Como reconstruír unha vida onde só temos anacos soltos e contraditorios?

Sabemos que despois de seis anos foi entregada a unha compañía teatral itinerante, que percorreu León, Palencia, Bragança, Valença, Ponte de Lima, Viana do Castelo, Régua, Porto para que o grupo familiar adoptivo chegase a Lisboa e triunfase no Teatro Nacional Dona María II e morrese como unha estrela aos 23 anos.

Manuela Rey é a historia esquecida do teatro galego e portugués. Actriz. Escritora. Neste espectáculo tentamos recuperar o que quedou da súa memoria. Porque sen memoria non hai Historia.

Manuela Rey, é un espectáculo en Lingua galega e Portugués.

ENTRADAS:

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Axenda Cultural de Lugo.

www.vivalugo.es

https://www.facebook.com/vivalugo

https://www.instagram.com/vivalugo/

https://x.com/viva_lugo

Detalles

Fecha:
8 de mayo
Hora:
20:30

Local

​Auditorio Municipal Gustavo Freire
Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
Lugo, Lugo 27003 Spain
+ Google Map
Teléfono
982 24 44 05