6.6 C
Lugo
Lun, 1 Dic 2025
Cargando Eventos

« Todos los Eventos

Teatro «Nas Nubes»

4 de diciembre - 20:30
Teatro «Nas Nubes»

Redrum Teatro

Xoves, 4 de decembro de 2025 – 20:30 hs.

Lugar: Auditorio Municipal Gustavo Freire
Categoría: Teatro Adultas
Idade recomendada: A partir dos 14 anos

Sinopse: Nun futuro non tan afastado, a tecnoloxía trasformouno todo… Incluso a forma en que lembramos o pasado.

En Nas Nubes, Nexus e Rino guían a visitantes por un museo que exhibe estrañas reliquias da era predixital.

O que comeza como unha sátira sobre o noso presente, pronto se converte nunha inquietante reflexión cando as bolboretas que emerxen dun bonsai comezan a lembrar que foron algo máis… Seres humanos? Monicreques?

Entre risos, surrealismo, números circenses e xogos de improvisación, este espectáculo lánzanos unha pregunta profunda: Que é real cando a propia lembranza desvanécese nas nubes?

Unha peza de teatro provocadora que nos enfronta ao impacto da tecnoloxía, á fraxilidade da identidade e á delgada liña entre o que somos e o que soñamos ser.

ENTRADAS

Adquisición de entradas a través do portal web entradaslugo.es e na Oficina de Turismo ata 3 horas antes do comezo de cada función; e no auditorio, o día da función, desde unha hora e media antes do comezo do espectáculo.

Detalles

Local

  • ​Auditorio Municipal Gustavo Freire
  • Parque da Milagrosa, Avda. da Coruña, s/n
    Lugo, Lugo 27003 Spain
    + Google Map
  • Teléfono 982 24 44 05